• Open Daily: 10am - 10pm
    Alley-side Pickup: 10am - 7pm

    3038 Hennepin Ave Minneapolis, MN
    612-822-4611

Open Daily: 10am - 10pm | Alley-side Pickup: 10am - 7pm
3038 Hennepin Ave Minneapolis, MN
612-822-4611
Entre Pólvora E Piratas: Mareas de fogo na Costa da Morte

Entre Pólvora E Piratas: Mareas de fogo na Costa da Morte

Paperback

Mystery & Thriller

ISBN13: 9798276635491
Publisher: Independently Published
Published: Nov 29 2025
Pages: 338
Weight: 0.90
Height: 0.84 Width: 6.00 Depth: 9.00
Language: Galician
Os piratas do século XXI xa non navegan en bergantíns nin declaman versos: móvense en carros oficiais, lanchas potentes ou despachos con moita vidreira. Irena Falcón, tenente dun destacamento español despregado en Afganistán, coñéceos ben. Alí, entre montañas arrasadas, bases militares e acordos con mando ianqui que sempre levaban letra pequena, aprendeu que as guerras modernas teñen máis que ver co poder e o negocio ca coa liberdade que prometen defender.

Anos despois, Irena regresa á Costa da Morte buscando un pouco de silencio, pero o que atopa é outro campo de batalla disfrazado de rutina mariñeira. En Mariñas, un porto pequeno onde todos se coñecen, o narcotráfico estende os seus tentáculos con eficiencia militar: lanchas imposibles de seguir, cartos que se moven sen deixar rastro e xente disposta a calar a cambio dunha vida máis cómoda. Os piratas da casa, descubre Irena, non precisan dun país en guerra para facer estragos.

Cando unha persoa próxima se ve atrapada nese mundo, Irena comprende que non pode mirar para outro lado. Os flashbacks da súa etapa afgá -operacións grises, aliados que non o eran tanto, perdas que nunca cicatrizaron- volven con forza, empurrándoa a actuar. E mentres a fronteira entre legalidade e supervivencia se vai esvaecendo, Irena terá que decidir ata onde está disposta a chegar para deter un imperio criminal que medra diante de todos.

Con tensión, humor escuro e un ritmo que non dá tregua, Irena Falcón é a historia dunha muller marcada pola guerra que descobre que, ás veces, os piratas máis perigosos son os que navegan moi preto da casa.

Also from

Varela Velo, Ana Martina

Also in

Mystery & Thriller